O edil de Medio Ambiente de Cangas visita a Choupana para valorar posibles actuacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O concelleiro de Medio Ambiente Jesús Graña realizou unha visita a zona de A Choupana acompañado pola aparelladora municipal e representantes veciñais para valorar as posibles deficiencias e actuacións de mantemento nesta parte da vila.

Ao longo da visita Graña percorreu a zona anexa a gardería así como a parte alta. O concelleiro comprometeuse a que avanzada a próxima semana se proceda ao desbroce da zona por parte das brigadas municipais, unha vez finalizadas as tarefas de limpeza na ruta dos muíños na parroquia de Coiro. Ademais, dende o Concello de Cangas, notificouse a empresa concesionaria do saneamento para que proceda a selar varias arquetas da zona así como a limpar e repoñer as reixas por onde se canalizan as augas pluviais que nalgúns casos encóntranse obstruídas por restos vexetais provocando o anegamento da estrada que baixa ata a estrada principal.

30 de abril de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.