O edil de Cultura reúnese co xurado dos premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Reunión do edil de cultura co xurado

Reunión do edil de cultura co xurado

O concelleiro de Cultura José Luis Gestido reuniuse esta tarde na Casa da Xuventude cos membros do xurado que concederán os Premios da Cultura Xohán de Cangas e Ignacio Cerviño nunha gala que se celebrará o vindeiro 17 de maio.

O xurado desta edición está composto por Carmiña Alonso, José Menduíña Bastón, o técnico de Cultura Lao Graña, o responsable de Patrimonio Camilo Camaño, o director do Auditorio Municipal Juán José Pérez, a directora do Conservatorio María Jesús Torres, a técnica de Xuventude Mercedes Lorenzo e o responsable das Bibliotecas Alfonso Moldes.

O prazo para a presentación de candidaturas aos premios rematou o pasado 15 de abril. As propostas rexistradas foron presentadas polo Conservatorio e a Escola Municipal de Música, a Banda de Música Belas Artes e Anxo Coia.

O sábado 17 de maio, día das Letras Galegas, celebrarase unha gala na que se coñecerán os gañadores deste ano.

30 de abril de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.