O director do Igape salienta a aposta pola competitividade da empresa Bopapel, en Ponteareas

Javier Aguilera na visita a Bopapel
O director do Igape, Javier Aguilera, visitou hoxe a empresa de Ponteareas Bopapel, unha compañía especializada na fabricación e distribución de papel para diferentes usos domésticos e industriais que vén de realizar novos investimentos na renovación dos seus equipamentos de produción para ampliar e diversificar a gama de produtos ofertados.
Durante a visita ás instalacións da factoría ponteareá, Javier Aguilera destacou o compromiso pola mellora continua desta empresa, que ademais de investir na modernización das súas instalacións está a apoiarse en diferentes servizos avanzados de asesoramento para incrementar así día a día a súa competitividade.
Bopapel, que comezou a súa produción en 1995 e que conta cun cadro de persoal integrado por 19 persoas, mantén unha aposta constante pola mellora continuada que incide tanto na na calidade como no prezo dos seus produtos, e conta con marcas consolidadas en boa parte do mercado español.











