O Día do Florista encherá de cor e solidariedade a rúa do Paseo de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A venda destas rosas terá lugar mañá sábado nunha carpa con decoración floral elaborada polos profesionais deste gremio. Será na rúa do Paseo, á altura do Banco de España, onde estarán entre as 10 e as 8 da tarde. Ás 11 da mañá está previsto que visiten a carpa o alcalde, Agustín Fernández, e a concelleira de Comercio, Juana Ageitos.

Os floristas ourensáns queren reivindicar este día para dignificar a profesión e dar a coñecer o seu traballo. Habitualmente fíxano en función da celebración de Semana Santa e organizan diferentes actividades, pero este ano quixeron dotalo dun matiz solidario para axudar á xente máis necesitada da provincia.

Xa pola noite, ás 22 horas, os membros do colectivo reuniranse para cear no Restaurante As Caballerizas (ctra. Castro de Beiro, nº 22, Quintela de Canedo).

11 de abril de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.