O departamento de Xuventude de Cangas presenta a décima edición do programa Directoxove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este sábado a Concellería de Xuventude presentou a nova edición do programa DIRECTOXOVE. O estivo presidido polo concelleiro de Xuventude José Luís Gestido que destacou que con esta iniciativa “búscase levar a cabo unha labor de expresión artística e cultural a través do DIRECTOXOVE” afirmou, “consolidándose como un programa  participación das inquedanzas xuvenís no campo da música, potenciando aptitudes e promovendo a proxección dos nosos xóvenes artistas, fomentando e difundindo tódalas tendencias e estilos como fórmula para enriquecer os coñecementos e as afeccións musicais do noso Concello” apuntou. “Estes dez anos de DIRECTOXOVE demostran que é un programa que funciona” concluiu.

No programa de promoción de Bandas Noveis DIRECTOXOVE’2014 participarán 8 bandas de diferentes estilos musicais que actuarán en diferentes locais do concello os venres.

Os concertos comezarán sempre ás 22.30 horas y terán unha entrada de 3 euros ou 2 euros para os titulares do carné xove. A totalidade dos fondos reunidos por a venda de entradas  irán destinados para as propias bandas participantes.

Como novidade, Gestido apuntou que nesta edición vaise a gravar en directo as cancións dos diferentes grupos acompañadas con imaxes dos distintos concertos para ser publicados nos 1.000 cd´s que repartiranse este ano.

Tamén está programado un concerto final que terá lugar previsiblemente o 21 de xuño, en datas previas a San Xoán na explana de Ojea que estará protagonizado por un grupo destacado e no que tamén participarán os tres grupos musicais participantes que obtiveran maior respaldo por parte do público.

Directoxove é un programa que naceu no ano 2004 como unha  iniciativa da Concellería de Xuventude do Concello de Cangas, co obxectivo de promocionar os grupos de música locais,  facilitándolles a participación na vida social, económica e cultural da vila. O programa vai dirixido a bandas noveis nas que  os seus integrantes son menores de 35 anos (polo menos un 60% do total do grupo) e que teñen algún integrante do Concello de Cangas. Nestes dez anos participaron nesta iniciativa 60 formacións e repartíronse 10.000 cd´s.  

5 de abril de 2014 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.