O departamento de Parques de Pontevedra abre ao tránsito peonil o xardín da praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O xardín da praza de España, de entrada á Alameda, abrirase ao tránsito peonil mañá pola mañá. Durante todos estes meses, o departamento de Parques e Xardíns estivo facendo melloras substanciais nesta zona verde tan principal da cidade mellorando a drenaxe do terreo, a xardinería, plantando novas e escollidas árbores e setos, así como a colocación de bancos.

A obra rematouse esta semana logo de comprobar a drenaxe da parcela e de limpar todo o xardín.

O proxecto incluíu a instalación de rego automático, a plantación de dúas camelias xapónicas e catro magnolias saulangeana. Tamén se plantaron especies arbustivas como Buxus sempervirens, Euonymus fortunei, Spirea xaponica a Rosa ou os Phlox. Como fondo para este novo xardín, plantouse un céspede de primeira calidade.

Finalmente tamén se procedeu á mellora dos paseos de xabre, coa instalación dun sistema de drenaxe de augas pluviais para facilitar a evacuación da auga nos días de choiva evitando empozamentos.

A actuación na praza de España estaba incluído dentro dun proxecto máis amplo no que se incluían melloras no parque das Palmeiras, na propia Alameda e no paseo de Montero Ríos. Todas as actuacións ascendían a 150.000 euros.

3 de abril de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.