O departamento de obras de Cambre leva a cabo unha campaña de mellora das estradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Brigada de Vías e Obras Municipal de Cambre leva a cabo unha campaña de “rebacheo” por todas as parroquias do municipio. Hoxe tocoulle a quenda á zona de Drozo e A Barcala, onde os operarios estenderon unha capa de asfalto para tapar as fochas, como xa fixeron días atrás noutras parroquias. A zona do Amorne será onde se concentre o maior traballo nos próximos días.

Os operarios están a mellorar os asfaltos que se deterioraron co paso de vehículos pesados e desta forma mellorarase a seguridade viaria en todo o municipio. O concelleiro de Obras, Manuel Marante, mostrouse satisfeito polo inicio desta campaña de mellora das estradas das doce parroquias cambresas, e explicou que a iniciativa do executivo atrasouse case un mes debido ás condicións climatolóxicas adversas.

Queremos mellorar a calidade das estradas e dotar de maior seguridade a condutores e peatóns“, indica Marante. Prevese que o plan finalice en maio. As actuacións están a levalas a cabo os traballadores da brigada de obras municipal e prevese que utilicen varias  toneladas de aglomerado.

30 de abril de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.