O departamento de Cultura d Cambre celebra o “Mes dos libros” cunha programación colmada de actos
O departamento de Cultura e especialmente as Bibliotecas municipais organizan unha serie de actividades para conmemorar o mes do Libro entre as que destaca o programa ABRILUSTRADO que terá lugar do 23 de abril ao 29 de ABRIL e que se trata dun encontro/taller dedicado ao cómic e está dirixido a alumnos de 3º da ESO do dous IES de Cambre. Os talleres serán impartidos por Xosé Tomás e Santy Gutiérrez, dúas figuras de recoñecido prestixio no mundo do cómic. Os participantes no taller coñecerán as diferentes técnicas que se usan para elaborar un cómic para despois polas en práctica nun taller no que os alumnos serán protagonistas.
O ABRILUSTRADO levará a cabo entre o 23 de abril e o 29 de abril e espera contar coa asistencia de máis dun centenar de alumnos de Cambre. Segundo o edil de Cultura, Santiago Ríos, é unha experiencia moi atractiva que poden utilizar os mozos para pór en práctica os seus dotes artísticos e a súa imaxinación.











