O departamento cultural de Cambre presenta a programación das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O concelleiro de Cultura, Santiago Ríos, ofreceu unha rolda de prensa para presentar a programación cultural do mes de maio e a do Día dás Letras Galegas 2014 que este ano se dedican a Xosé Mª Díaz Castro e que en Cambre desenvolveranse durante case todo o mes. A concellería que dirixe Ríos priorizou esta festividad cultural co obxectivo de aumentar os actos culturais que se enmarcan nas Letras Galegas. Para iso a programación manterase durante case todo o mes de maio cunhas actividades dirixidas a todas as idades.

Segundo Ríos, Cultura este ano axuntou esforzos coa Concellería de Educación e coa Fundación Wenceslao Fernández Flórez para facer un programa moito máis completo que o de exercicios anteriores.
Este ano os veciños e escolares cambreses poderán recoller nas Bibliotecas municipais os libros “Nimbos” de Xosé María Díaz Castro, e “Xosé María Díaz Castro, vida e obra”, de Armando Requeixo. Por outra banda, do 9 ao 28 de maio terá lugar en Villa Concepción a exposición de pintura de Paloma Díaz- Catroverde. Como en anos anteriores o cine terá un espazo especial coas proxecciones de “Asterix o golpe do menhir” e “Asterix en Bretaña”. Ademáis, haberá unha ponencia adicada o escritor galego do autor Armando Requeixo, o día 21 de maio as 20.00 horas na Casa da Cultura. Segundo Ríos, “a programación e das máis completas da área metropolitana e espera que os veciños participen nela e disfruten desta conmemoración cultural galega”, apuntou.

Asimismo, Pablo Díaz, impartirá un obradoiro de canto, música e xogos para nenos de entre 6 e 10 anos, co obxectivo da posta en valor da canción e da música galega. Será o venres 23 ás 18.00 horas.

Continuando coa música o sábado 10 de maio na Xuventude de Cecebre terá lugar o V Festival de Primavera Coral de Santa María de Cambre coa actuación das corais de Bueu, As Pontes e Muros. Xa o domingo 18 de maio no Auditorio do parque da Igrexa de Cambre celebrarase o Concerto das Letras Galegas co Coro Arumes da Fraga da Fundación Wenceslao F. Flórez, e a Banda de Música Sementeria. E como é habitual o sábado 17 a partir das 12.00 horas, na Casa Museo Fundación Wenceslao F. Flórezcomezará  a Romaría das Letras Galegas. A programación remata con dous eventos a finais do mes, a Entrega de Premios do XXI Certame Literario de Poesía e Narración Breve o vindeiro venres 30 de maio, e por outro lado, a obra de teatro “Rosa de Dous Aromas”, dirixida por Lino Braxe e que terá lugar na Xuventude de Cecebre o sábado 31 ás 20.30 horas.

28 de abril de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.