O corpo de bombeiros de Ferrol realizarán un simulacro de rescate nos acantilados de Cabo Prior
O corpo municipal de Bombeiros de Ferrol realizará pasado mañá, venres 4 de abril, un simulacro de rescate en que tamén participarán efectivos do servizo de Gardacostas de Galicia, ademais de membros da Policía Nacional, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol. Esta acción terá lugar no entorno do faro de Cabo Prior e se prolongará durante boa parte da mañá do venres, iniciándose os preparativos ás 08.30 horas e levándose a cabo o rescate simulado ao redor das 11.30 horas, momento en que está previsto que aterre nas proximidades do faro de Cabo Prior un helicóptero do servizo de Gardacostas que tamén actuará neste simulacro.
A acción de simulacro consistirá no rescate dun “escalador” do acantilado por parte dos bombeiros e o seu posterior traslado en helicóptero. O obxectivo desta práctica é mellorar a coordinación entre os diferentes corpos de emerxencia e seguridade que operan na cidade, para así seguir mellorando os tempos de resposta e a metodoloxía das intervencións.











