O Conservatorio de Vilagarcía imparte unha masterclass de adestramento rítmico e batería
O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía organiza mañá ,xoves, unha Masterclass de Adestramento Rítmico e Batería que impartirá Daniel Díaz Fentanes. A actividade divídese en dous módulos independentes, o primeiro dos cales está dirixido a todo o alumnado de calquera especialidade do Conservatorio, mentres que o segundo está enfocado especificamete cara ó alumnado de percusión. A Masterclass celebrarase nas dependencias do Conservatorio de 17 a a 20:30 horas.
En total son once os alumnos inscritos na masterclass, os cales recibirán unha clase colectivo de hora e media de duración em cada un dos módulos. A primeira parte da actividade desenvolverase a partir das 17:00 horas e consistirá nun adestramento rítmico baseado no American Counting System. A segunda, específica sobre Batería, comezará ñas 18:45 horas e aborda os rudimentos e construtores das técnicas.
O profesor, Daniel Díaz Fentanes
Autodidacta nos seus comezos, licénciase na ESMAE en 2012. Os seus estudos previos transcorren entre a Escola Estudio de Santiago de Compostela e o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, recibindo clases con Jordi Rossy, E.J. Strickland, Mark Ferber, Michael Lauren, Ambrosee Akinmusire, Walter Smith III, Rodney Green, Gregg Ruggiero, Donald Edwards, Aaron Goldberg, Marcus Gilmore, Ramón Ángel Rey, Johnattan Blake, Abe Rábade, Paco Charlín, Samir Zarif, Lars Dietrich entre outros.
Ten tocado como músico de estudio e directo de multitude de artistas que van dende o Pop Electrónico ó Jazz, pasando polo Folk e a música improvisada: Nicolás Pastoriza, Mariana Vergueiro Group, Milknaut, Cró!, Ceodei, Esmae BigBand, GdJazz Trío, Pablo Reyes Trío, Antonio Serrano, Voro García, SPJ Group, The Triadic Model, Felipe Villar, Xavier Nuñez Trio, Coltrane Tribute Band, McCarren Pool Factory, Numbswan, Arturo Serra, Samuel Leví, Arrás, etc.
Actualmente é profesor de batería e entrenamento rítmico no ESEM/Taller de Musics, Vigo.











