O Conservatorio de Vilagarcía celebra unha década de vida con actos para todos os públicos
O Conservatorio profesional de Música de Vilagarcía cumpre en 2014 dez anos. Con motivo desta conmemoración, o centro organiza coa colaboración da Concellería de Educación e Cultura, un amplo programas de actividades destinadas á toda a poboación e que serán de acceso gratuíto. Deste xeito, ademais de compartir coa cidadanía a celebración, o centro pretende dar a coñecer a súa actividade e promocionar a música entre os vilagarciáns. Haberá concertos variados, masterclass e sesións didácticas.
A programación dos actos do X Aniversario del Conservatorio foi aprobada polo Claustro de Profesores, o Consello Escolar do Conservatorio e a Xunta de Goberno Local doConcello de Vilagarcía de Arousa. Todos os actos serán de acceso libre e gratuíto.
O programa do X Aniversario do Conservatorio ábrese o luns, 7 de abril, coa II Mastreclass de Violín que impartirá Diana Tischenko. A Violinista de Crimea regresa a Vilagarcía invitada polo Conservatorio despois da grata experiencia que tivo a súa primeira mastreclass, ofrecida en novembro, e do interese amosado por alumnos do centro para participar en experiencias deste tipo.
O martes 8 de abril, o Departamento de Piano organiza un concerto que intervirán tanto alumnos do grao elemental e profesional. Será ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. O programa inclúe para a xornada do mércores a actuación do trío Cassadó, formado por Javier Vila (piano) Yulia Petrushevskaya (violín) e Thomas Piel (violonchelo). O concerto tamén será no Auditorio, a partridas 20 horas e nel, a formación interpretará o Trío nº 2, op. 67 de Dimitri Shostakovich een o Trío op. 50 “In memory of a great artist” de P. I. Tchaikovsky.
O xoves será o día na actividade didáctica que se celebrará a partir das 20 horas na Sala de Conferencias del Auditorio e na que coa estrutura de concerto, o profesor Manuel Morales, irá facendo un repaso á “Evolución de la Flauta Travesera”.
II Masterclass de Diana Tishchenko
Diana Tishchenko é na actualidade concertino da Gustav Mahler Jugendorchester. El pasado mes de novembro 2013, a violinista Diana Tishchenko impartiu unha clase maxistral no Conservatorio que contou con moi boa acollida entre o alumnado do centro e de outros Conservatorios de Galicia. De feito foron varios os que que non puideron participar como alumnos activos naquela clase por terse cubrido todas as prazas. Esta é a razón pola que, aproveitando unha nova visita de Tishchenko a Galicia, o Departamento de Tecla do Conservatorio, propuxo organizar a II Masterclass de Violín coa colaboración da Asociación de Pai se Nais do Ensino Musical “ATRIL”.
Esta segunda Masterclass será aberta ao público en xeral, aínda que como alumnos activos, só participarán nela cinco violinistas que ao longo de toda a tarde recibirán os consellos e ensinanzas que dende o punto de vista técnico, interpretativo e musical lles ofrecerá Diana Tishchenko. Na sesión traballarán cun reportorio composto da Sonata en Fa M – G. F. Haendel, Concierto en Sol M – G. Ph. Telemann, Concierto en Do M – J. Haydn , Danza Española op. 26 nº 1 – P. Sarasate, Schon Rosmarin – F. Kreisler, Capricho nº 16 – N. Paganini y 1º Mov. Concierto en mi m – F. Mendelssohn.











