O Concello do Carballiño solicita a desafectación dos terreos para a nova Galiña Azul
O alcalde do Carballiño remitiu un escrito á delegación provincial de Educación, co fin de solicitar a este organismo a desafectación dos terreos situados no colexio Campo da Feira, onde se pretende construír a nova Galiña Azul.
NA súa argumentación en alcalde destaca que, na actualidade, as prazas para a Galiña Azul aberta no Carballiño están sobradamente cubertas, e que existe unha demanda de máis de 40 prazas, a tenor das inscricións realizadas no último prazo aberto para tal fin.
Así mesmo lembra o alcalde que xa se aprobou en pleno municipal a localización deste servizo da Galiña Azul nos terreos antes mencionados, sendo esta a única localización posible para a mesma. Aínda por riba cóntase tamén cun informe técnico favorable da delegación da consellería de Educación para a localización deste novo centro nos terreos do colexio Campo da Feira, do CEIP Calvo Sotelo, así como o visto e prace do consorcio de Benestar Social .
Por todo iso o máximo edil carballiñés entende que debe realizarse canto antes todo o proceso de desafectación destes terreos para crear canto antes a segunda Galiña Azul, “ante a gran demanda por parte das familias do Carballiño que queren conciliar a súa vida familiar e laboral, e necesitan deste tipo de servizos”.











