O Concello de Vilagarcía propón aos praceiros a reordenación dos estacionamentos para carga e descarga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello pretende contar coa colaboración dos comerciantes da Praza de Abastos para regular de forma correcta o acceso dos vehículos dos comerciantes as zonas de carga e descarga habilitadas na zona peonil pola que acceden á Sala de Abastos. Os criterios a seguir son facilitar as labores dos praceiros á vez que garantir a seguridade das persoas que transitan pola zoa peonil e conservar o pavimento deste paseo. Con estes obxectivos, esta mañá presentouse aos praceiros a proposta de reordenación dos estacionamentos de carga e descarga que diferencia dúas zonas diferenciadas en García de Caamaño separadas por pivotes abatibles.

Aceptouse a proposta dos comerciantes de ampliar 30 minutos o horario de carga e descarga no tramo final desta rúa e pola tarde, hora e media en Alexandre Bóveda. Ademais, o Concello fai xestións cos propietarios de terreos en Valle-Inclán co obxectivo de tratar de habilitar novas zonas de aparcamento para dar servizo aos clientes da Praza.

O concelleiro de Tráfico e seguridade Cidadá, Benito Pérez Dorgambide, e a concelleira de Mercados, Rocío Llovo, reuníronse esta mañá cos praceiros a efectos de informarlles sobre a reordenación. A principal novidade é que na Rúa García de Caamaño, a que discorre paralela ao río do Con, divídese en dous tramos separados por pivotes abatibles. Estes elementos separarán a zona asfaltada, da enlousada en pedra e cada unha terá uns horarios diferentes. Tamén entre unha e outra, déixase unha zona libre para a realización de manobras.

Dado que a Rúa García de Caamaño é peonil, os praceiros poderán acceder á mesma cos seus vehículos a partir das seis da mañá para realizar as labores de carga e descarga. As furgonetas poderán estacionar tanto na zona asfaltada, como no tramo enlousado xa que os pivotes estarán baixados dende esta hora. O horario para a realización de carga e descarga neste último tramo (o da zona do peixe) establécese ata as 10:30 horas, atendendo o goberno a petición dos comerciantes de ampliar 30 minutos o tempo inicialmente previsto. A partir desa hora subiranse os pivotes e só se poderán realizar tarefas de carga e descarga no tramo anterior e ata as 14:00 horas.
Os martes e sábados, o uso destas dúas zonas queda limitado pola colocación dos postos do mercado ambulante, circunstancia que non debe representar problema algún, xa que é o que ven acontecendo ata o de agora.

En cumprimento da normativa de circulación, os períodos máximos de estacionamento para a realización de labores de carga e descarga serán de 20 minutos.

Tamén a proposta dos praceiros, o goberno aceptou ampliar en hora e media minutos o horario de tarde para as labores de carga e descarga nas zonas habilitadas en Alexandre Bóveda, que se estende hasta as 19:30 horas.

Por outro lado, os edís tamén informaron aos praceiros na reunión desta mañá, sobre as xestións que se están realizando para tratar de conseguir novas zonas de aparcamento para dar servizo aos comerciantes, usuarios e clientes da Praza de Abastos e do mercadillo. O goberno local xa contactou cos propietarios de fincas na Avenida de Valle Inclán e está a espera de manter sendas reuniones con eles para abordar o asunto.

24 de abril de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.