O Concello de Vigo reclama 35.000 euros a Facenda polo céntimo sanitario

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde informou hoxe mércores da reclamación efectuada polo Concello de Vigo ante o Ministerio de Facenda, correspondente ao gasóleo consumido entre os anos 2010 e 2012, unha vez que a xustiza europea invalidou o chamado céntimo sanitario. Os técnicos municipais estimaron a devolución en 35.000 euros, máis os xuros de demora, por máis dun millón de litros de gasóleo adquirido nos tres anos.

Abel Caballero explicou hoxe mércores que o goberno local ven de cursar unha reclamación de 35.000 euros ante o Ministerio de Facenda tras a anulación do coñecido como céntimo sanitario pola xustiza europea.

O alcalde informou que esta valoración, efectuada polos técnicos do Concello, responde ao consumo municipal de gasóleo dos anos 2010, 2011 e 2012, máis dun millón de litros de combustible que suporían o cobro indebido de 35.000 euros, máis os xuros de demora, en concepto do anulado céntimo sanitario. Caballero adiantou que procederá, por mecanismos xurídicos, á devolución correspondente aos anos anteriores, “indebidamente cobrado polo Ministerio de Facenda e a Xunta de Galicia”.

23 de abril de 2014 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.