O Concello de Tomiño agasalla cun lote de cen libros ao alumnado do Colexio Rural Agrupado

Entrega do lote de libros
Na mesma liña de traballo dos últimos anos, o Concello de Tomiño celebrou o Día do Libro, cunha doazón dun centenar de volumes de diferentes editoriais galegas a un centro educativo do municipio.
Así coma o ano anterior, o beneficiario foi o alumnado dos colexios de Educación Primaria, neste fíxose entrega de cen exemplares á biblioteca do CRA (Colexio Rural Agrupado).
Na visita ao centro, realizada estiveron a alcaldesa, Sandra González, a concelleiras de Cultura, Cristina Martínez, e outros membros do equipo de goberno.
Entre os libros doados polo Concello atopábanse exemplares de distintas editoriais galegas, de xéneros variados (contos, poesía, relatos, etc.), adornados con adhesivos alusivos ao Día do Libro, con frases de escritores célebres.
Logo de agasallar cun lote de libros a cada un dos nenos e nenas presentes, a alcaldesa, aconselloulles, ler todo o posible, xogar coa lectura e disfrutar das historias que os seus pais/nais e avós/avoas lles contan.
A biblioteca do CRA conta, segundo informou Keka Pardo, xefa de estudos, con instalacións renovadas hai un par de anos, e ten xa máis de 250 socios/as, xa que aos 150 nenos/as que asisten ás 13 aulas, hai que engadir irmáns e outros membros da familia.
O préstamo ten unha duración de quince días e hai premios sorpresa para os máis asiduos.











