O Concello de Pontevedra volve a colaborar cos cursos de verán da Uned

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra volve colaborar, un ano máis, coa organización dos Cursos de verán da Uned en Pontevedra. Esta colaboración pechouse esta mañá coa sinatura dun convenio entre o alcalde e a directora da Uned, Beatriz Rodríguez na que o Concello se compromete a facher unha achega de 9.400 euros para a celebración dos cursos entre o 30 de xuño e o 16 de xullo.

Os cursos propostos para este verán son:

• Actividade física saudábel e deporte. Impartirase no Centro Penitenciario de A Lama do 7 a 9 de xullo.

• Asociacións e fundacións: Análise xurídico e custións prácticas. Na Uned do 14 ao 16 de xullo.

• Calidade e seguridade alimentaria: Na Uned. Do 7 ao 9 de xullo.

• Presente e futuro da xustiza en España: a lexislación procesal a debate. Na Uned do 7 ao 9 de xullo.

• Ría de Vigo: Construcción dun destino turístico sostible. Na aula da Universidade de Vigo do 30 de xuño ao 2 de xullo.

10 de abril de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.