O Concello de Pontevedra porá a banda sonora da celebración do terceiro centenario de San Bartolomeu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará mantiveron esta mañá unha reunión con representantes da parroquia de San Bartolomeu que neste ano celebrarán o terceiro centenario da igrexa xesuíta de San Bartolomeu.

O alcalde comprometeuse a colaborar nesta efemérides coa organización de actividades e tamén achegando infraestrutura para a súa celebración. O Concello será o encargado de pór a banda sonora ao terceiro centenario da parroquia, e de tal xeito tratar de que sexa unha celebración de toda a cidade.

O Concello ofreceu a actuación do grupo de música barroca do Conservatorio Manuel Quiroga no mes de xuño.

Na véspera de San Bartolomeu, 24 de agosto, tamén está prevista a actuación da Banda de Música de Pontevedra.

E o mesmo día de San Bartolomeu, está prevista unha actuación de danzas tradicionais (de espadas e de cintas).

Participando na organización do terceiro centenario da igrexa dos Xesuítas, o Concello quere extender esta celebración para todos os pontevedreses, que poderán gozar doutras actividades apoiadas pola Deputación provincial e o Museo de Pontevedra.

9 de abril de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.