O Concello de Ourense adaptala á nova normativa a ordenanza de axuda no fogar
A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá o proxecto de modificación da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar para adaptala á nova normativa ditada pola Xunta de Galicia, que regula este servizo.
A modificación é consecuencia da aprobación do decreto 149/2013 de 5 de setembro, da Consellería de Traballo e Benestar Social, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do su custo. Este decreto introduce cambios en relación coa anterior normativa, que afectan á ordenanza municipal que regula o servizo de axuda no fogar.
Na súa disposición cuarta, a Xunta de Galicia obriga ás Corporacións Locais a adaptar as súas normas a este decreto.
A modificación só afectará aos usuarios que reciben o servizo de axuda no fogar por aplicación da Lei de Dependencia, unha prestación que adxudica e valora a Xunta de Galicia, ainda que o servizo é prestado polo Concello. Deste servizo beneficiáronse unhas 150 persoas o ano pasado. A modificación non afectará aos usuarios do servizo da modalidade denominada de libre concurrencia (696 o ano pasado).
As principais modificación serán que desaparecen os niveis (antes 2), nos que ata agora se clasificaba aos usuarios, e quedan só os denominados graos de dependencia (de 1 a 3).
Diminuirán as horas de atención que se asignan aos dependientes. Como exemplo, os dependientes de grao 3 (grandes dependientes) recibirán un máximo de 90 horas, en vez das 70 que teñen actualmente.
E tamén se modificará o copago, aumentando o custe para o usuario nuns céntimos a hora (a taxa concreta depende do grao de dependencia máis da capacidade económica).
O proxecto de ordenanza aprobado esta mañá deberá ser presentado a aprobación inicial por parte do Pleno do Concello, previo ditame da Comisión de Pleno. Posteriormente, en caso de ser aprobado, se abriría o prazo de exposición pública, antes da súa aprobación definitiva e entrada en vigor.











