O Concello de Oleiros financia un proxecto de ortopedia infantil en Nicaragua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros financia un proxecto de ortopedia infantil posto en marcha pola ONG Solidariedade Galega en Nicaragua. Este proxecto de acción humanitaria levouse a cabo na localidade de Estelí, en Nicaragua. A interesante iniciativa proporcionou asistencia sanitaria e cirúrxica na área de ortopedia infantil da devandita localidade.

Estelí localízase na rexión norte do país, a 148 quilómetros de distancia de Managua e é unha zona cun considerable subdesenvolvemento e moitas carencias. Ata esta zona desprazáronse no pasado mes de marzo un equipo de profesionais sanitarios formado por unha coordinadora, tres traumatólogos, dous anestesistas e tres enfermeiras. Os profesionais sanitarios realizaron un traballo de consulta e diagnóstico entre a poboación infantil para logo proceder ás operacións nos casos que foi necesario. Durante a súa estancia levaron a cabo un total de 39 intervencións cirúrxicas en dez días de intenso traballo.

29 de abril de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.