O Concello de Oleiros adecuará os terreos nos que se construirá o novo complexo deportivo da zona norte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros conta xa coa totalidade dos terreos para a construción dun novo complexo deportivo na zona norte do municipio previsto no Plan Xeral. Este complexo albergará o novo campo de fútbol. A adquisición deste solo de 26.000 metros cadrados foi posible grazas á cesión anticipada dos terreos por parte dos seus propietarios a través de convenios co Concello nos que se lles compensa con edificabilidade noutros lugares, concretamente en futuras urbanización situadas en Mera e en San Pedro de Nós. O Goberno local procederá nun breve prazo de tempo a preparar os terreos con traballos que permitirá a eliminación de desniveis e adecuación do terreo para a construción da cidade deportiva.

8 de abril de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.