O Concello de Neda renovará o sistema de climatización do consistorio coa axuda da Deputación
O Alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou esta mañá a concesión dunha subvención superior aos 11.000 euros por parte da Deputación provincial da Coruña para a execución do proxecto presentado polo Concello para a renovación do sistema de climatización da casa consistorial. Unha intervención de eficiencia enerxética que permitirá un significativo aforro en consumo eléctrico e, por conseguinte, na factura da luz.
Os traballos tamén permitirán afondar nos obxectivos da actuación anunciada pola Conseller-ía de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para recuperar a imaxe orixinal da Torre do Reloxo, eliminando os cadros e cableados eléctricos que afean o inmoble. E é que o actual sistema de climatización está acoplado á propia torre, na zona exterior coa que colinda co consistorio.
Deste xeito, unha e outra intervención porán en valor un dos monumentos máis senlleiros da real vila. Con máis de dous séculos de vida, antigo Hospital de Peregrinos e, na actualidade, sede da Oficina Municipal de Rehabilitación e do Arquivo Municipal.
Cabe recordar que, coa actuación proxectada pola Xunta, eliminaránse as instalacións acumu-ladas ao longo dos anos na fachada, e que desvirtúan notablemente a imaxe do inmoble, co-mo alumeado público, electricidade e telefonía. Daránse entón traslado a outras zonas da rúa Real e tamén se realizará un tratamento da fachada. Por último, sustituiráse a carpintería metálica por outra de madeira. Deste xeito, e como era o seu desexo, o Concello cumple coas condicións que xa se lles esixen aos veciños, aos que a normativa obriga a conservar as car-pinterías orixinarias evitando outros materiais como o aluminio.











