publicidade hoxe

O Concello de Neda patrocina a ruta polas Fragas do Eume da Asociación de Persoas Xordas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e a concelleira de Servizos Sociais de Neda, Leonor Canosa, fixeron entrega esta mañá aos representantes da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol de medio centenar de camisetas serigrafiadas co escudo da real vila. As mesmas que acompañarán aos membros da entidade social na ruta polas Fragas do Eume que realizarán durante a fin de semana do 16, 17 e 18 de maio. Unha actividade de Ecoturismo e Aventura coa que o Concello de Neda quere colaborar a favor da integración social do colectivo.

A excursión, que terá o seu campamento base no Albergue Alvarella, ubicado en Vilarmaior, inclúe andainas, visitas ao Museo etnográfico, actividades como piragüismo, obradoiros de elaboración de xabróns, piscina, fútbol ou un xantar no Mosteiro de Caaveiro.

10 de abril de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.