O Concello de Neda informa de restriccións no tráfico rodado cos actos relixiosos da Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda informou esta mañá de que, con motivo da celebración dos actos relixiosos da Semana Santa, produciránse restriccións no tráfico de vehículos nalgunhas rúas da vila de Neda, así como que en determinados lugares será preciso prohibir o estacionamento durante o tempo que duren os actos litúrxicos ou procesións. Por isto, dende a Administración local prégase a todos os veciños e veciñas afectados que desculpen as posibles molestias, e agarda a súa colaboración para un axeitado desenvolvemento dos actos. A continuación, detállanse os horarios e treitos afectados:

DOMINGO, 13 de abril – Domingo de Ramos – Con motivo da bendición dende a Torre do Reloxo, prohíbese o estacionamento e a circulación dende as 10,30 horas e ata o remate dos actos relixiosos, para toda clase de vehículos nas rúas Do Castro, Real e Paraíso.

VENRES, 18 de abril – Venres Santo – Prohibirase o estacionamento e circulación de vehículos mentres se celebran as procesións do Vía Crucis, (dende as 8,30 horas nas rúas Sobre a Vila, Do Castro, Real e Paraíso); do Santo Enterro, (dende as 17,30 horas nas rúas Sobre a Vila, Do Castro, Real e Paraíso), e a da Soidade, (dende as 20 horas nas rúas Sobre a Vila, Do Castro, Real e Paraíso).

DOMINGO, 20 de abril – Domingo de Pascua – Prohibirase a circulación de vehículos mentres se celebra a procesión de traslado da Virxe de Santa María a San Nicolás, dende as 11 horas nas rúas Sobre a Vila, Do Castro, Real e Paraíso.

9 de abril de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.