O Concello de Mos oferta un obradoiro de cupcakes
A concellería de Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, tendo en conta o éxito de participación acadado nas anteriores edicións dos cursos para xuventude e poboación en xeral, organiza un novo curso no ámbito da cociña creativa, específicamente un obradoiro teórico-práctico de cupcakes, para o desenvolvemento de habilidades reposteiras.
O término cupcake púxose de moda aproximadamente fai un ano, e fai referencia á repostería creativa con orixe en Norteamérica, que consiste nunha forma diferente de elaborar doces que, ademais de ser deliciosos, son moi atractivos á vista. O límite non existe nestes doces, podéndose decorar de múltiples formas dependendo da creatividade e orixinalidade da persoa que as elabora.
Centrado na elaboración e decoración dos cupcakes, será un curso de iniciación cunha duración total de 5 horas nunha única sesión no mes de maio, no que se entrará en contacto coas principias ferramentas e ingredientes que se empregan con estes doces e se aprenderán algunha das receitas máis populares e a decoralos.
“Os obxectivos desta iniciativa son promover actividades de ocio atractivas, creativas e accesibles para a veciñanza, fomentar as relacións sociais entre a poboación do municipio, coñecer e saber empregar os materiais e as ferramentas que se precisan na elaboración e decoración e adquirir os saberes necesarios no relativo aos ingredientes máis usados nas receitas dos cupcakes, coñecer as receitas máis coñecidas, aprender a traballar o fondant, a manexar unha manga pasteleira e a decorar os cupcakes con ambos ingredientes” declarou a edil Kely Monzón.
Os beneficiarios e beneficiarias directos deste programa son todas as persoas maiores de 16 anos do Concello de Mos. Tamén, de non se cubrir todas as prazas dispoñibles, poderán participar persoas doutros municipios interesadas.
Os contidos do curso están distribuídos en dúas partes, unha parte teórica e outra de elaboración práctica dos coñecementos adquiridos na teoría. O obradoiro será impartido por unha monitora especializada e incluirá todos os ingredientes e materiais necesarios para a elaboración dos cupcakes durante a sesión.
O prezo por participante será de 28.30 euros, e inclúe todo o mencionado anteriormente.
O número mínimo de participantes será de 12 persoas, sendo o máximo de 15, e impartirase o venres 9 de maio no CDL de Mos, de 17.00 a 22.00 horas.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es.
O prazo de inscrición será dende o luns 7 de abril ata o luns 5 de maio. O listado de admitidos no obradoiro constituirase por rigurosa orde de entrada da solicitude e farase público o martes 6 de maio.











