publicidade hoxe

O Concello de Meira organiza a ruta Miño – Eo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeira
A-
A+

O domingo 18 de maio terá lugar a ruta de sendeirismo Miño-Eo en Meira. Serán 20km de percorrido de dificultade media-alta. A saída realizarase ás 8:00h. da Praza do Concello (diante da igrexa) dirixíndonos cara ó Pedregal de Irimia. A partir deste punto toda a ruta está sinalizada en amarelo e branco sobre fondo negro.

A 5,5km do Pedregal, no lugar de Espido, haberá un punto de avituallamento co almorzo. Vehículos e persoal do Concello e de Protección Civil estarán a disposición dos sendeiristas durante o percorrido. Haberá outro punto de avituallamento na escola de O Piñeiro. O xantar estará disposto a partires das 14:00h no final da ruta, O Estreito, e consistirá en Empanadas, Tortilla, Churrasco de porco, postre e café. O retorno a Meira dende o Estreito poderase facer a pé ou nos diferentes vehículos que alí haberá para tal fin.

Recoméndase levar auga, calzado impermeable, punto de apoio (vara, stick, …), roupa adecuada e roupa para cambiarse despois da andaina.
O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 15 de maio. Para anotarse deberá poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Meira (na Praza do Convento) ou co Concello; por teléfono:618.679.632(Oficina de Turismo), 982.330.102(Concello); ou por correo electrónico turismomeira@gmail.com, turismo@concellodemeira.com. O prezo da ruta é de 10€ por persoa que se deberán ingresar na conta do Concello do Banco Santander (ES85-0030-6077-0300-2508-9271) indicando: nome e apelidos do inscrito, teléfono de contacto e concepto: RUTA MIÑO-EO.

24 de abril de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.