O Concello de Marín acolleu unha reunión para tratar o tema dos cabalos

Reunión no Consistorio
O motivo da reunión foi poñer sobre a mesa a problemática dos cabalos soltos no rural. O BNG presentou no pasado pleno unha moción pedindo esta reunión, que Alcaldesa aceptou para aproveitar e dar conta do que se estaba a facer neste sentido. Estaba presente ademais da alcaldesa, a concelleira de Medio ambiente, que foi quen dende o ano pasado ven mantendo varias reunión sobre esta problemática con medio rural e con representantes doutros concellos afectados, como é Vilaboa.
O obxetivo e atopar entre todos os implicados una solución que termine coa practica de deixar cabalos soltos sen identificar, co perigo que supón cando penetran nas fincas privadas e co custo económico que representan.
Na reunión falouse da maior implicación das Comunidades de Montes, que son os que poden axudar a identificar aos infractores, tamén dende medio rural e dende o concello alcanzouse o compromiso de maior control e sancións.
Ao longo dos próximos días concretaranse as actuacións para levar a cabo dende a Xunta de Galicia e o Concello de Marín, coordinándose con outros Concellos e as comunidades de montes.











