O Concello de Lugo asina o contrato para a renovación do abastecemento de auga a Montero Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asinou  esta mañá o contrato para a execución das obras de renovación do abastecemento de auga na rúa Montero Ríos.

Este proxecto conta cun presuposto de 75.730 euros, que vai investir a Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, dirixida por Luis Álvarez, para levar a cabo a renovación na canalización do sistema de abastecemento de auga da rúa Montero Ríos.

Esta obra foi convocada por urxencia para axilizar todo o posible a tramitación administrativa dun proxecto que ten o obxectivo de dar unha solución definitiva ós problemas de abastecemento de auga causados polas roturas da tubería nesta rúa.

O prazo para a execución destas obras será dun mes e medio.

11 de abril de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.