O Concello de Gondomar concede as primeiras licenzas a furanchos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Gondomar xa outorgou as primeiras licenzas a distintos furanchos do municipio, despois de aprobar unha normativa para regular o funcionamento destes establecementos.

A nova normativa recolle os principios básicos do decreto xeral para toda a comunidade galega, publicado o 13 de novembro de 2012. Deste modo, os furanchos gondomareños poderán abrir entre o 1 de decembro e o 30 de xuño, aínda que cada establecemento non poderá estar aberto máis de tres meses por ano.

Tras a publicación da normativa, o Concello ten a capacidade de regular, controlar e sancionar a actividade dos furanchos que funcionen dentro do termo municipal. Así, os propietarios deberán regularizar a súa actividade solicitando unha autorización de apertura ao Concello e cinguirse ao cumprimento das normas específicas. De non ser así, os propietarios enfrontaranse a sancións ou, de ser o caso, ao cesamento da actividade do establecemento.

24 de abril de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.