O Concello de Ferrol demolerá un edificio ruinoso situado no barrio de Canido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol demolerá un edificio situado na rúa Alegre esquina con rúa Santos, no barrio de Canido. A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto e estudio de seguridade e saúde para levar a cabo esta intervención por un importe total de 28.262,17 euros (co 21% de IVE engadido).

Dende a Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, que dirixe Guillermo Evia Pérez, explicaron que o inmoble que se demolerá presente un nulo estado de conservación e mantemento; que a propiedade recibiu notificacións de execución que non atendeu, polo que a Administración municipal tivo que facerse cargo de maneira subsidiaria de traballos de mantemento da edificación co obxectivo de garantir a seguridade.

Noutra orden de cousas, a Xunta de Goberno Local  as bases do XXIII Premio Internacional Máximo Ramos, que se celebra con carácter bianual convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. O obxectivo deste certame é dar testemuña do dinamismo e pluralidade da gráfica actual dende a perspectiva da arte contemporánea múltiple e seriada. Ademais, esta convocatoria constitúe unha oportunidade para a consolidación e enriquecemento dos fondos de arte do Centro Torrente Ballester, recordan dende a Concellería de Cultura ao fronte da cal está Manuel-Reyes García Hurtado. A contía do premio ascende a 7.000 euros.

 

7 de abril de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.