O Concello de Cedeira porá en marcha durante a Semana Santa unha ludoteca infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira invita a todos os nenos e nenas de entre tres e once anos a participar no programa de ocio didáctico que porá en marcha durante esta Semana Santa. As distintas actividades desenvolveránse a partires do vindeiro luns, 14 de abril, no Auditorio Municipal da vila, en horario de 10 a 14 horas. A participación é completamente gratuíta e a iniciativa nace co obxectivo de ofrecerlles aos máis pequenos un ocio didáctico no periodo das vacacións escolares. Deste xeito, monitores guiarán os xogos de nenos e nenas nun programa que se desenvolverá o luns 14 de abril, martes 15, mércores 16, xoves 17, sábado 19 e luns, 21 de abril. Neste senso, o Concello anima ás familias a participar no mesmo e lembra que o servizo non inclúe a custodia dos nenos participantes.

11 de abril de 2014 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.