O Concello de Cedeira mellorará a sinal de televisión en Esteiro coa instalación dun reemisor
O concelleiro de Obras e Servizos, Alfredo Vilela, informou esta mañá da próxima instalación dun reemisor de TDT no lugar de Campelo, na parroquia de Esteiro. A actuación permitirá mellorar a sinal de televisión e evitar zonas de sombra nos lugares de Loureiros, Saa e Barral, así como noutras zonas de influencia. E, no seu conxunto, beneficiará a un centenar de vivendas ubicadas nesta parroquia. Segundo engadiu o concelleiro, a instalación da infraestructura realizaráse a próxima semana e requerirá dun investimento duns 6.600 euros.
Doutra banda, o edil avanzou tamén a intención do Concello de dotar á parroquia de San Román dunha nova marquesina de transporte público. Concretamente, no lugar de Arón. A actuación realizaráse nos próximos días, unha vez que o Concello acorde a ubicación exacta tras as conversas cos veciños.











