O Concello de Cangas iniciou a obra de canalización das pluviais en Longán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas comezou a semana pasada cos traballos para a instalación de canalización das augas pluviais na zona de Longán. Esta actuación recolle a ampliación da instalación existente ata case a avenida de Lugo. Con esta iniciativa, financiada con fondos municipais, o goberno local trata de dar resposta a un vella demanda dos veciños desta zona de Cangas.

Outras actuacións

Ademais dende a Concellería de Obras estase impulsando diferentes actuacións como a canalización e limpeza de vías e accesos aos areais, a instalación do sistema de rego na rotonda da ‘Ondiña’, na zona portuaria, para a proceder posteriormente a instalación de céspede, na reposición dunha varanda e do muro do parque infantil na zona do Outerio en Balea así como a limpeza do curso e na desembocadura do río Bouzós co obxectivo de previr e evitar desbordamentos.  

O goberno local está impulsando diversas actuacións tanto no centro urbano como nas parroquias en previsión da chegada de visitantes a vila con motivo da Semana Santa, festividade recoñecida como de Interese Turístico Galego.

3 de abril de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.