O Concello de Cangas inicia os traballos no río Presas en Coiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas iniciou esta semana os traballos de acondicionamento do curso do Río Presas e o seu entorno ao seu paso pola zona do Outerio na parroquia de Coiro. Esta actuación supón unha inversión de 25.000 euros e trata de dar resposta a unha demanda veciñal debido a que en ocasións se producían inundacións motivadas polo mal estado da canalización que esixía unha actuación integral na zona.

Os traballos inclúen actuación sobre a canalización así como de contención procedendo a ampliación da sección da canle. Tamén contemplase a formación dun espigón de pedra dende a fronte do Outeiro ata  a súa intersección coa estrada, a colocación dunha ponte de madeira e a canalización baixo a propia vía coa colocación dun caixón pechado cun  canal aberto posterior cunha lonxitude de 25 metros e un ancho de 1,2 metros contendo as augas ata unha altura de 1,2 metros. Ademais realizarase unha restauración da integral da fonte e do lavadoiro colocando columnas de pedra e unha cuberta de tella así como acondicionar a senda que transcorre paralela ao cauce do río con zahorra.

Para finalizar, unha vez colocados estes elementos igualarase a terra de demolición ata acadar o nivel da soleira para despois proceder a colocación do firme definitivo de aglomerado asfáltico.  

10 de abril de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.