O Concello de Cangas contunúa cos procesos de contratación para os camiños de Nerga
Mañá venres día 4 de abril celebraranse no concello as mesas de contratación para adxudicar as obras de acondicionamento e mellora de varios camiños da parroquia de Nerga e de prestación do servizo de axuda no fogar.
Ás 10:00 horas dará comezo a mesa de contratación para a adxudicación das obras a realizar nos camiños de Nerga, que contemplan actuacións de pavimentación nas rúas Bouza Vella, Lapiña, Xoán Piñeiro e Garita. O investimento necesario para a realización deste proxecto é de máis de 60 mil euros, que serán sufragados na súa maior parte grazas a unha axuda concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A parte correspondente ao IVE será asumida polo Concello.
Unha vez rematada, dará comezo a apertura do sobre B para a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar .Este servizo municipal leva operativo dende o ano 2001 e consiste na atención sociosanitaria a dependentes, prestando axuda a estas persoas de xeito diario na realización das tarefas básicas da vida diaria. Actualmente préstase este servizo a 28 usuarios.











