O Concello de Cangas acondiciona o estanque dos xardíns do Sinal
O Concello de Cangas iniciará nos próximos días as tarefas de acondicionamento do estanque situado nos xardíns do sinal coa finalidade de mellorar a súa seguridade.
Entre as actuacións que se realizarán están a colocación dunha varanda con alambre de aceiro para reforzar a seguridade e a limpeza do entorno.
Dende a Concellería de Deporte tamén se está estudando a posibilidade de colocar nas inmediacións do estanque dúas zonas para o xogo da petanca.











