O Concello da Laracha lembra a prohibición de expoñer vehículos en venda na vía pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha lembra que a ordenanza sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria establece expresamente no seu artigo 33 a prohibición do estacionamento nas vías públicas de vehículos en exposición exhibindo carteis para a súa venda.

A normativa municipal considera que un automóbil estará nesa situación cando permaneza con letreiros anunciadores durante un tempo superior a 24 horas nas rúas do Concello da Laracha.

A contía das multas a aplicar van dos 80 euros por unha infracción grave da normativa municipal ata os 500 no caso dunha infracción moi grave.

Desde o Concello da Laracha lembramos a existencia da ordenanza ante a proliferación deste tipo de vehículos estacionados en vías públicas, principalmente nos cascos urbanos da capital municipal e de Paiosaco, e en apoio á campaña que sobre esta cuestión está a desenvolver a Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

16 de abril de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.