O Concello da Guarda recibe 30 composteiros máis para facer fertilizante
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Servizos, segue participando no programa SOGAMA de compostaxe doméstica, contando na actualidade cun total de 60 composteiros.
Esta iniciativa de reciclaxe, levada a cabo na Guarda dende o pasado mes xullo, tivo unha gran aceptación entre os veciños, permitíndolles producir un fertilizante natural usando como base os residuos orgánicos propios.
En todo caso, non se diferencia do proceso levado a cabo ata agora, amontonando o aire libre o compost, só que neste caso o composteiro faino máis hixiénico e eficiente. Os beneficios da reciclaxe de materia orgánica conleva beneficios non só ambientais, senón tamén sociais e económicos.
Os interesados nesta medida poden pasar polo Concello para anotarse. Cabe subliñar que pronto contaremos cun depósito de herba da sega de xardíns no Punto Limpo da Guarda.











