O Concello da Guarda informa do prazo para o programa ‘Benestar en balnearios’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Departamento de servizos sociais do Concello da  Guarda informa que está aberto o prazo para as solicitudes no Programa BENESTAR EN BALNEARIOS da Xunta de Galicia ata o próximo día 10 de maio do 2014.

Requisitos:

a)Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

b)Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

c)Atoparse en condicións de participar no programa e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

d)Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, no compensados, que poidan alterar a normal  convivencia  durante o transcurso da quenda.

e)Precisar o tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica  para a recepción dos mesmos.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións doa apartados b), c),d),e).

Os requisitos establecidos nos apartados c), d), e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

15 de abril de 2014 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.