O Concello da Coruña condena a morte dunha muller tras precipitarse dun vehículo no que viaxaba xunto ao presunto agresor
O Concello da Coruña mostrou o seu “rexeitamento absoluto” pola morte na madrugada deste mércores dunha muller neste municipio, onde a súa parella foi detido como presunto agresor.
Así manifestouno, a preguntas dos medios, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, que condenou a morte desta muller, que faleceu tras precipitarse dun vehículo de madrugada na zona do polígono coruñés de Pocomaco no que viaxaba xunto ao presunto agresor.
“Con todas as reservas da investigación xudicial, se trata á luz de todos os datos dun novo episodio de violencia de xero”, apuntou Negreira sobre este caso que investigan as forzas e corpos de seguridade do Estado como posible caso de violencia de xénero.
A muller falecida e o home detido como presunto agresor teñen antecedentes por violencia familiar entre eles e de xénero, segundo a Delegación do Goberno en Galicia.
Negreira indicou que feitos como o acontecido no municipio coruñés “non se deben producir”. “É inaceptable feitos como os acontecidos”, lamentou o rexedor herculino, que animou á cidadanía a mostrar “o seu rexeitamento máis profundo” ante este tipo de violencia.











