O comercio “con sentido” chega a Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe tivo lugar na céntrica Praza das Pontes o primeiro acto das Xornadas Interculturais promovidas pola Concellería de Cultura, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado e a Concellería de Sanidade,Servizos Sociais e Muller coa celebración por primeira vez da Feira de Consumo con Sentido organizada pola ONG Solidaridade Internacional. Esta feira, estivo aberta durante a mañá para os estudantes de 1º de ESO do IES de Rodeira que visitaron os diferentes stands temáticos, nos cales puideron con achegarse á realidade de productos como o cacao, o azucre, o algodón, o té e o café, proporcionándolles varios voluntarios diversa información a cerca da orixe, producción, comercialización, características e variedades do producto, así coma ós problemas ós que as/os productores se enfrontan ata que estes chegan ás nosas mans como as barreiras arancelarias, patentes, explotación laboral ou os danos ambientais entre outros. Na parte final da visita tiveron a oportunidade de probar os diferentes productos expostos.

 Pola tarde a carpa estará aberta dende ás 16.00 ata ás 20.00 horas para todos os públicos. Os que así o desexen terán a oportunidade de adquirir algúns destes productos producidos por cooperativas de comercio xusto.

30 de abril de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.