publicidade hoxe

O Club Náutico Ría de Ares celebrou a terceira edición da “Regata Snipe Náutico de Ares”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresDeportes
A-
A+

Os pasados días 5 e 6 DE ABRIL, celebrouse no CLUB NÁUTICO RÍA DE ARES a TERCEIRA edición da REGATA SNIPE NAUTICO DE ARES, CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO GALEGO DA CLASE SNIPE, onde participaron unha vintena de embarcacións da clase procedentes de clubs tan dispares como o Real Club Náutico de Vigo, o Liceo Casino de Villagarcía, así como algúns máis próximos como o Real Club Náutico da Coruña, a Comisión Naval de Regatas de Ferrol e o Náutico de Sada.

A primeira xornada do sábado, con vento do suroeste, celebráronse dúas mangas cunha intensidade media de 15 nós, o que impediu poder celebrar unha terceira manga.  As probas da primeira xornada en todo momento estiveron dominadas pola TESTA MATTA de Juan Deben e Gerardo Prego.  Nos segundos e terceiros postos alternáronse o BRIGANTIUM de Miguel Cid e Xullo Fernandez, e o MOINO 1.5 de Marcos Miguez e Enrique Maciñeira.

O domingo o vento, cunha dirección parecida ao do día anterior pero un pouco máis rolón, obrigou ao comité a realizar un cambio de percorrido na segunda manga.  De novo dominou as dúas mangas a TESTA MATTA.  O vento foi crecendo en intensidade que finalmente non permitiu facer de novo unha terceira manga.

Así pois, as clasificacións xerais definitivas, foron as seguintes: 

1.- TESTA MATTA – JUAN DEBEN – GERARDO PREGO – LICEO CASINO DE VILLAGARCÍA
2.- BRIGANITIUM – MIGUEL CID – KULIO FERNANDEZ ARINES – R.C.N. DA Coruña
3.- MOINO 1.5 – MARCOS MIGUEZ – ENRIQUE MANCIÑEIRA – R.C.N. DA Coruña

Ao finalizar as probas do domingo 6 de abril celebrouse ás 17:00h a tradicional Entrega de Trofeos e Clausura da Regata Snipe, á que asistiron autoridades así como a Xunta Directiva do Club presidida por Don Cayetano Galán Millán, onde ademais realizouse diversos sorteos de artigos doados polos patrocinadores, SANDE VIDAL e COSTA GALICIA GOLF.

O Club tamén agradece a inestimable colaboración de COCA COLA e o HOSTAL VILA DE ARES.

7 de abril de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.