publicidade hoxe

O Club Marítimo de Canido vivirá este fin de semana un dos seus maiores retos, o VII Trofeo Granitos Ibéricos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOia
A-
A+

O VII Trofeo Granito Ibéricos de vela lixeira xa se atopa en capela, tras a presentación celebrada esta mañá nas instalacións do Club Marítimo de Canido. Conducido o acto polo seu presidente Mauro Olmedo, contou coa presenza de Vicente Carneiro, Director Xeral de Granitos Ibéricos; Ramón Ojea, Comodoro do club; e Emilio Méndez, Director da regata.

Sen ningunha dúbida é a regata máis importante que organiza o Club Marítimo de Canido, sendo un reto moi importante para este porto deportivo. Agradecemos a importante aposta de Granitos Ibéricos”, comentaba Olmedo.

Seguimos avanzando, seguimos crecendo desde aquela primeira edición no ano 2008 e para Granitos Ibéricos é unha satisfacción en axudar a que a xente nova faga deporte”, declaraba Carneiro.

Estamos ante unha do tres regatas máis importantes de vela lixeira de Galicia e unha das máis destacadas de España. Hai dous factores crave no éxito desta regata e  son o perfecto entendemento entre unha persoa como Vicente Carneiro, que representa a Granitos Ibéricos, e un club, como o Marítimo de Canido, que sempre apostou por este evento”, afirmou Ojea.

Haberá dous campos de regata, un situado na contorna da Praia de Samil para os Optimist e outro próximo ás Illas Cíes para a clase Láser. A previsión meteorolóxica parece bastante boa, moi óptima para este tipo de embarcacións. Este ano, debido á gran dimensión que alcanzou a regata, contamos coa colaboración do Concello de Vigo, Policía Local e Protección Civil. Acoutarase unha ampla zona que comprende desde a entrada do porto de Canido até o seu propio espigón”, aclara Méndez.

O Club Marítimo de Canido organiza durante os días 26 e 27 de abril o Trofeo Granitos Ibéricos de vela lixeira, que chega á súa sétima edición, baixo a denominación de XVIII Regata de Primavera, cumprindo a súa maioría de idade nun ano especial para o club, no que se celebran os 45 anos da súa fundación.

Destinada ás clases Optimist e Láser, foi designada pola Real Federación Española de Vela como Campionato Ibérico de ambas as modalidades, un premio e responsabilidade concedidos ao Trofeo Granitos Ibéricos do Club Marítimo de Canido, pola súa excelencia, ratificada polo número de participantes, nivel e diversidade xeográfica de procedencia.

Máis de 300 unidades daranse cita este fin de semana na Ría de Vigo, con dous centenares de embarcacións da vea base, contemplando o tres categorías do Optimist, A, B e C. O terceiro centenar repártenllo o Láser Standard, Radial e 4.7, sendo esta última a de maior convocatoria en Galicia por estar considerada como unha das divisións xuvenís con máis licenzas deportivas.

O anuncio oficial da regata contempla a celebración de 6 mangas, 3 por cada día do fin de semana, sendo o Top de inicio o sábado ás 14.00 horas, e o domingo ás 12.00 do mediodía. A entrega de premios celebrarase ao termo das probas dominicais.

Este ano o Comité do Trofeo Granitos Ibéricos disporá de catro embarcacións permanentemente fondeadas, dúas na área de Optimist e outras dúas no do Láser. Desta maneira axilízase a anotación dos números de vela, ante masivas finalizacións en cada manga.

Novidade é a presenza, por vez primeira, de regatistas do Real Club Náutico de Palma, e Angola, pertencente este último ao Club Naval de Luanda. O veciño país de Portugal tamén achegará un bo número de embaixadores deportivos, reforzando a comunidade galega o seu status de anfitrona con 15 clubs e as seleccións ao completo tanto de Optimist como de Láser.

A VII edición do Trofeo Granitos Ibéricos será un dos eventos de maior convocatoria do noroeste peninsular na vela lixeira española, un reto de organización para o Club Marítimo de Canido, que conta co apoio dos seus directivos e socios, todos eles apaixonados pola mar, do mesmo xeito que o seu patrocinador, Vicente Carneiro, sensibilizado polo deporte da vela.

Por segundo ano consecutivo mantense o concurso de condución de remolques, unha actividade atractiva que en 2013 levantou expectación, e na que toman parte os adestradores dos clubs participantes na regata. A destreza e habilidade no manexo das furgonetas cos seus respectivos remolques, de grandes dimensións, son unha das calidades que todo bo adestrador debe posuír, á hora de desprazarse ás citas deportivas, non só na comunidade galega, senón tamén polo territorio nacional, viaxando ao estranxeiro en competicións internacionais.

A novidade cultural desta VII edición do Trofeo Granitos Ibéricos achégaa o concurso fotográfico, de libre participación tanto para profesionais  como para aficinados. A temática terá que estar baseada no desenvolvemento da propia regata, con tres categorías: marítima, área e terrestre. As dúas primeiras confórmana tres premios con 150 euros para o primeiro, 75 para o segundo e 25 para o terceiro clasificado ou clasificada. Na terrestre haberá dous premios, un de 100 euros para o vencedor e outro de 50 para o segundo clasificado.

Colaboran as Federacións Galega, Portuguesa e Real Española de Vela, as Secretarías das clases Optimist e Láser, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Portos de Galicia, Concello de Vigo, Proteccion Civil, Policía Local, Coca Cola, Sailway, GADIS, Tuypan e Bicasco.

22 de abril de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.