O Club Gimnasia Deportiva Arousa organiza unha exhibición na praia da Concha
Os amantes do deporte, ben activo como pasivo, terán a oportunidade de gozar desta afección coa exhibición que organiza o Club Gimnasia Deportiva Arousa coa colaboración do Concello. Membros do colectivo reuniranse o sábado, 3 de maio, na Praia da Concha para facer deporte, animar a practicalo e tamén para quen o desexe, disfrute coa mera contemplación.
A actividade comezará ás 19:30 horas e está previsto que se prolongue ata as 22:00 horas. Durante ese período, os integrantes do club Gimnasia Deportiva de Arousa realizarán demostracións de diferentes modalidades ximnásticas sobre a area e aproveitando os aparatos instalados na praia para facilitar a realización de exercizos.











