O Club Deportivo Caldelas de Tui consegue o ascenso a Segunda División Provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+
Club Deportivo Caldelas

Club Deportivo Caldelas

O Club Deportivo Caldelas acadou a pasada fin de semana o ascenso á categoría segunda división provincial, ao converterse no campión do seu grupo, sendo imbatido ao longo da tempada.

Despois de vinte catro partidos disputados, o equipo tudense ganou dezaoito e empatou en seis ocasións, converténdose no único equipo de Galicia imbatido  en todas as categorías, marcando un total de sesenta e oito goles e recibindo unicamente vinte e seis.

O Concello de Tui felicita a todos os xogadores e corpo técnico do Club Deportivo Caldelas pola consecución deste ascenso de categoría á segunda división provincial, así como aos seus directivos polo traballo que están realizando, non so co primeiro equipo, se non coas categorías base.

16 de abril de 2014 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.