O Club de Celi celebra este sábado o seu primeiro aniversario cun programa cheo de actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As Cancelas festexará este sábado os aniversarios de Celi, a mascota do centro, con máis de trinta actividades gratuítas que se desenvolverán desde as 12 da mañá e até as 10 da noite.

O Club de Celi xurdiu o ano pasado como un proxecto para adaptar a oferta do centro ás familias, que hoxe atopan nas Cancelas un espazo amigable no que poder facer as súas compras mentres os seus fillos se divirten.

Colocarase un escenario na segunda planta do centro que acollerá até nove actuacións distintas, incluíndo maxia, pallasos ou bailes que irán desde o break dance até a ximnasia rítmica. As primeiras actuacións empezarán ás 12 da mañá e continuarán de maneira interrompida até as 10 da noite.

Celebraranse ademais multitude de talleres, inchables e actividades que garantirán a diversión de todos os nenos e nenas. A festa terminará cunha gran torta e un gran espectáculo de pallasos.

Todas estas actividades forman parte do mes do Club de Celi, unha iniciativa coa que As Cancelas quixo premiar aos máis de 4.500 socios do club.

24 de abril de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.