O Claustro de San Francisco modifica o seu horario de tarde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Con motivo da época de primavera e verán, a partir do vindeiro venres día 2 de maio, o Claustro de San Francisco modifica o seu horario de tarde, para abrir entre ás 18 h e as 21 h.

Desta forma o horario deste espazo expositivo queda da seguinte maneira: apertura de martes a sábado entre as 11.30 h e 13.30 h e pola tarde entre as 18 h e as 21 h. Os domingo abre unicamente de mañá, e os luns permanece pechado.

O Claustro de San Francisco, foi reaberto ao público polo Concello de Ourense en xuño do pasado ano. Dende a súa apertura de novo ata esta semana un total de 9.354 persoas visitaron o Claustro.

30 de abril de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.