O centro cultural de Sigüeiro acolle unha charla sobre educación e a LOMCE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá venres 5 de abril, ás 19:00 horas, unha nova edición dos “Encontros co alcalde”, que nesta ocasión xirará en torno a educación e a como afectará a LOMCE ás familias do municipio. Unha charla de asistencia totalmente libre e de balde.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estará acompañado de Guillermo Meijón Couselo, deputado no Congreso dos Deputados, quen falarán sobre o actual sistema educativo e a aplicación da LOMCE no noso municipio. Deste xeito, o Concello de Oroso dá resposta a unha das preocupacións manifestadas polos asistentes ao “Café co alcalde” do pasado mes de marzo, onde as inquedanzas sobre a situación educativa no municipio foron un dos temas principais.

3 de abril de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.