O centro Cultural da Guarda acolle a exposición “María só María” da portuguesa Adriana Henriques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O pasado Xoves, 10 de abril, inaugurouse no centro Cultural da Guarda a exposición “María só María”, da portuguesa Adriana Henriques. Esta Exposición, organizada pola Junta de Freguesía de Sao Victor de Braga, estará aberta ao público ata o 24 de abril no Centro Cultural, co seguinte horario: de 10 a 13h. e de 17. a 20h. de luns a venres e de 10 a 13h. os sábados.

Adriana Henriques presentanos unha exposición composta por acuarelas e pasteis que fala íntegramente das mulleres. Fala de todas esas mulleres que perderon ós seus fillos e tiveron que aferrarse a unha eternidade, algo superior que lles ofreceu protección. A espiritualidade está presente en toda a súa obra.

No acto estiveron presentes o Presidente da Freguesía de S.Vítor-Braga Sr. Ricardo Silva e a Concelleira de Cultura de Braga, Sra. Lidia Dias, xunto co alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Cultura, Sr. Antonio Lomba Baz, e o párroco de A Guarda, D. Jesús García Villadóniga. Ademáis de presentar a exposición pictórica, coñecimos da man do Presidente da Junta de Freguesía de Sao Víctor, importantes eventos que se levan a cabo durante a Semana Santa de Braga.

O acto máis distintivo da Semana Santa Braguense é a Procesión da Burrinha, sendo como eles mesmos destacan “unha lección de catequesis para os creentes e unha lección de humanidade para os non creentes”. A rúas engalánanse con motivos florais e decorativos, que fan que un acto relixioso se convirta en arte.

O alcalde da Guarda destacou a importancia dun acto co que xa non se entende a Semana Santa en Portugal,e aproveitou a ocasión para convidar a tódolos guardeses a perderse por unha cidade tan fermosa como é Braga. “Non sabemos se por casualidade ou destino, pero xa fai unha década que A Coral Polifónica da Guarda participa nesta procesión, e estamos moi agradecidos”.

O párroco da nosa vila, Jesús García Villadóniga , salientou o contido relixioso dunha procesión relacionada enormemente co Antigo Testamento, na que o arte está tratado con “mimo”, deixando ás súas costas unha clara mensaxe de humanidade.

11 de abril de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.