O centro comercial As Cancelas reforza as súas actividades infantís por Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Centro Comercial As Cancelas acolle estes días un ciclo de actividades infantís que terán lugar durante todos os días desta semana Santa. As actividades, que deron comezo o venres 11, continuarán de maneira interrompida até o luns día 21.

Durante este fin de semana as actividades do Club de Celi ofrecerán o taller Celi Inventora, con actividades como a creación de xoguetes e a yinkana de Celi. O horario destas actividades será de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 o sábado e de 18:00 a 20:00 o domingo.

Os talleres do Club de Celi continuarán de luns a xoves a partir das 19:00. O luns a temática do taller será a creación de imáns e chapas de Celi, o martes tocará repostaría cun taller de elaboración de cupcakes e galletas decorativas, o mércores será a quenda dun taller de elaboración de marionetas no que se proporá aos máis pequenos facer a súa propia marioneta e xa o xoves a actividade centrarase nun espectáculo de marionetas.

O venres comezarán os talleres de Celi Máxica, con activiades enfocadas á maxia e o teatro, que terán lugar durante todo o fin de semana: venres de 18:00 a 20:00, sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 e domingo de 18:00 a 20:00.

As actividades pecharanse o luns día 21 cun taller de Super Máscaras de Celi en horario 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00.

Estas actividades forman parte do mes do Club de Celi, que terá a súa gran festa o día 26 con máis de trinta actividades gratuítas durante todo o día e co que As Cancelas festexa o aniversario do seu club infantil que resultou un éxito entre as familias de Santiago e arredores.

12 de abril de 2014 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.